viernes, 22 de febrero de 2008

XXIV CONCURSO LITERARIO "AIRIÑOS DO XUNCO"

BASES
======
1.- MODALIDADE.- Categorías A e B: POESÍA. Categorías C e D: NARRATIVA.

2.- TEMA.- Libre

3.- CATEGORÍAS.- Establécense 4 categorías:
A) Máis de 16 anos
B) De 13 a 16 anos
C) De 11 - 12 anos
D) De 6 a 10 anos.
4.- PARTICIPANTES.- Poderán concorrer tódolos autores de calquera nacionalidade que presenten os orixinais escritos en Linga Galega.

5.- EXTENSIÓN.- Máximo 20 folios mecanografiados a dobre espacio.

6.- PRESENTACIÓN TRABALLOS.- Presentarase antes das 24 horas do 3 de Maio do 2.008 orixinal e 3 copias. Con cada orixinal, que deberá ser presentado baixo lema, xuntarase, en sobre pechado, o nome completo, enderezo, teléfono do autor, así como o título da obra INDICANDO FORA NO SOBRE A CATEGORÍA NA QUE PARTICIPA.
Remitiranse ó seguinte enderezo:
A.C. AIRIÑOS DO XUNCO
Xosé Alvarez 27
27891 - CERVO
7.- Só se pode remitir un traballo por participante.

8.- XURADO.- Estará composto por 3 membros relacionados coa Educación, Cultura e Medios de Comunicación

9.- Os premios poderán declararse desertos.

10.- ENTREGA PREMIOS.- No transcurso dun festival que se celebrará o 17 de Maio no Auditorio de Sargadelos con motivo da celebración das Letras Galegas. É obrigatorio recolle-lo premio os gañadores.

11.- A Xunta Directiva resérvase o dereito a publica-los traballos que considere oportuno na Revista “ QUEIMADA”.

12.- PREMIOS
CATEGORÍA A)
1.- 200 euros, Trofeo de Sargadelos e Diploma
2.- 120 euros, Trofeo e Diploma.
3.- Lote de libros, Trofeo e Diploma.

CATEGORÍA B)
1.- Trofeo, Lote de libros e Diploma.
2.- Trofeo, Lote de libros e Diploma.
3.- Lote de libros e Diploma.

CATEGIRÍA C)
1.- Tofeo,Lote de libros e Diploma
2.- Lote de libros e Diploma

CATEGORIA D)
1.- Trofeo, lote de libros e Diploma
2.- Lote de libros e Diploma.

Pódense consultar as bases na seguinte dirección.:
www. airinosdoxunco. blogspot.com

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Hello. This post is likeable, and your blog is very interesting, congratulations :-). I will add in my blogroll =). If possible gives a last there on my blog, it is about the Home Broker, I hope you enjoy. The address is http://home-broker-brasil.blogspot.com. A hug.

Bea dijo...

Hola!!! Estou interesada nunha revista anual que fai (ou facía) a súa asociación, titulada "Queimada". Gustaríame saber se a seguen a facer ou, no caso contrario, dende cando se deixou de publicar.
Graciñas

Anónimo dijo...

Bea, tes que perdoar a tardanza da contestación por que andivemos un pouco liados e non nmiramos os comentarios q2ue tiñamos nin acxtualizamos nada. A revista Queimada seguimola publicando, imos no nº 23. Si desexas algún numero ten que habelos e podesme contestar e decir si os recolles ou os facemos chegar por algún medio. Un saudo.Rafa

Anónimo dijo...

Hola, chámome Patricia, e, ó igual que Bea, gustaríame dispoñer da revista "Queimada" deste ano. Posto que vivo na Pobra do Caramiñal non podo acercarme a buscala por Viveiro así que teño que perdirlles o favor de que se poden ma mandaran por correo. Deixo os meus datos por se poden facelo. Moitas grazas.
Patricia gey Suárez
Rúa:Barco nº5-2º Pobra do Caramiñal
15940 A Coruña

Anónimo dijo...

Bos días e perdoen as molestias. O certo é que escribía para preguntarlles se saberían o título da composición coa que o poeta Fiz Vergara Vilariño gañou o Concurso Literario Airiños do Xunco.
Ando a facer un traballo acerca da súa figura, así que agradecería dito dato. Moitísimas grazas,

Yago Rodríguez Yáñez